Skip to Content

Plan de formación

PSTD Nova experiencia enogastronómica e incremento da cota de mercado do destino Terras de Santiago



rexistro da empresa


 Coñece o programa

Obxectivos do programa

O programa de formación do PSTD Terras de Santiago deséñase cun enfoque integral e aplicado, orientado a mellorar a competitividade do sector enogastronómico do destino a través da profesionalización, a creación de experiencias, a mellora da comercialización e a adaptación a novas demandas do mercado.

Beneficiarios

As accións formativas diríxense a axentes turísticos e produtores do territorio, fomentando a colaboración entre sectores e reforzando a identidade enogastronómica de Terras de Santiago.

Que ofrece o proxecto

O proxecto ofrece o deseño de experiencias turísticas enogastronómicas innovadoras, accións de marketing dixital para mellorar a visibilidade de axentes e produtores, formación especializada para técnicos municipais e axentes dinamizadores, e xornadas presenciais orientadas á dinamización e comercialización do destino.

Estrutura do programa

1

Inscrición e diagnóstico inicial 

Na primeira fase, as empresas e profesionais inscríbense a través do formulario web, indican o tipo de actividade que desenvolven e aceptan os compromisos do programa. Unha vez admitidas, completan un autodiagnóstico en liña e reciben unha visita técnica na que se analizan instalacións, recursos, promoción, persoal e experiencias ofrecidas, para xerar unha primeira fotografía da situación da empresa.

2

Plan de mellora e itinerario formativo

Coa información do diagnóstico e da visita técnica, o equipo elaborará un plan de mellora personalizado con prioridades, accións recomendadas e calendario orientativo. De xeito paralelo realizarase a asesoria ralacionada coa formación en marketing díxital de modo que se complemente co apartado das experiencias.


3

Participación nas Xornadas Presenciais de Dinamización

As xornadas presenciais concíbense como espazos de transferencia de coñecemento, networking e dinamización, complementando a formación en liña desenvolvida nos eixes anteriores. Todas as xornadas presenciais do programa desenvolveranse seguindo unha estrutura común, deseñada para combinar a transferencia de coñecemento, a participación activa dos asistentes e a xeración de espazos de relación e networking entre axentes do territorio.

4

Titoría individual e ajustes de obxectivos

Unha vez completada a parte principal da formación, a empresa recibe acompañamento e titoría individual para revisar o deseño da súa experiencia, resolver dúbidas e adaptar a proposta ao seu mercado obxectivo. Nesta fase axústanse aspectos como o relato, a estrutura da actividade, prezos, canles de comercialización e uso de ferramentas dixitais, en coherencia co plan de mellora.


5

Peche, avaliación e proxección

Na fase final, a empresa presenta a súa experiencia turística xa estruturada e lista para comezar a comercializarse ou pilotarse no destino. Recibe unha devolución sobre os resultados acadados no programa, formula novos pasos de mellora continua e incorpórase á rede  de empresas de Terras de Santiago que están a xerar experiencias turísticas innovadoras e sostibles.

Formación do programa

EIXE 1. Deseño de Experiencias Turísticas Enogastronómicas


Módulo 1. Introdución ao deseño de experiencias turísticas (martes, 5 de maio)

- Introdución á creación de experiencias turísticas diferenciadas.

- Como transformar un servizo nunha experiencia emocional.

- A importancia do patrimonio turístico e a súa vinculación co cliente.


Módulo 2. Dixitalización e turismo: do deseño á vivencia da experiencia (mércores, 6 de maio)

- Impacto da dixitalización no deseño e execución de experiencias.

- Uso de tecnoloxías para personalizar a experiencia do turista.

- A conexión entre a dixitalización e a sustentabilidade no turismo.


Módulo 3. Servizo e atención ao cliente (xoves, 7 de maio)

- A calidade no servizo e a súa evolución na era dixital.

- Como estandarizar a atención ao cliente mediante protocolos.

- Medición da satisfacción do cliente a través de ferramentas como NPS.


Módulo 4. Cooperación empresarial como base para a creación de experiencias turísticas (martes, 12 de maio)

- A cooperación empresarial como clave para xerar sinerxías no turismo.

- Modelos de cooperación que impulsan a innovación e a competitividade.

- Beneficios da cooperación na creación de experiencias turísticas sostibles.


Módulo 5. Técnicas de diferenciación competitiva (mércores, 13 de maio)

- Estratexias de diferenciación para destacar nun mercado turístico saturado.

- Como crear experiencias auténticas e personalizadas para fidelizar os turistas.

- A importancia da innovación e da sustentabilidade na diferenciación competitiva.

EIXE 2. Márketing Dixital para Axentes Turísticos e Produtores


Duración: 20 horas de formación online

Módulo 1. Estratexias de márketing (martes, 19 de maio)

- Introdución ao marketing dixital no sector turístico
- Definición do buyer persona
- Customer journey e embude de conversión

Módulo 2. Medios orgánicos e posicionamento (mércores, 20 de maio)

- UX/UI e experiencia de usuario
- Posicionamento web e SEO
- Estratexia de contidos e redes sociais

Módulo 3. Publicidade dixital e campañas (xoves, 21 de maio)

- Google Ads e campañas Search
- Meta Ads e TikTok Ads
- Analítica web e métricas clave

Módulo 4. Intelixencia artificial aplicada ao marketing (martes, 26 de maio)

- Fundamentos da IA xerativa e LLMs
- Prompt engineering e automatización
- Ferramentas de IA para marketing turístico

Módulo 5. Automatización e aplicación práctica (mércores, 27 de maio)

- Apps verticais e microapps
- Automatización de procesos e fluxos de traballo
- Aplicación práctica da IA no negocio turístico